Secretario Xeral

Paco Villaverde

Francisco Villaverde Marcos

Paco, como lle chama todo o mundo, nace en Proupín, parroquia de Santo Tomé de Ames, o 12 de xuño de 1947 nunha familia numerosa. O pai foi carpinteiro, pero neste tempo xa se adicaba á agricultura, coa excepción dos traballos de carpintería que facía para a casa. É o oitavo de doce irmáns.

Aos seis anos vai a escola de Cerdeiras (Cruxeiras) ata 1959 que empeza os estudos no Seminario Menor de Belvís (Santiago). Ata novembro de 1966, comezando 3º de Filosofía, permanece en Belvís e logo en San Martín Pinario. Nesa data abandona o Seminario e convalida os estudos na Escola de Maxisterio (Pazo de San Xerome), pero faino por libre. Os dous anos de estudos, remata no verán de 1968, compaxínaos co traballo na casa (tractor, segadora, …), mentres seu irmán fai ao servizo militar. Neste tempo tamén fai una xuntanza de mozos e mozas da parroquia para organizar actividades: Teatro, guateques, festas da parroquia, fútbol de aldeas, …

A SÚA MOCIDADE
No 1969 fai o servizo militar pola mariña (Ferrol) e prepara e aproba as oposicións en maio de 1970. En setembro, aínda na “mili”, é destinado á Escola Unitaria de Lañas (A Baña). No mes de abril de 1971 casa con Esther Varela Duro, natural de Arzúa e veciña de Santiago. En decembro de 1971 nace o seu primeiro fillo, Paco, e en outubro de 1974 o segundo, Pablo.
No curso seguinte o seu destino será a Escola Unitaria de Ordoeste (A Baña) ata 1978. Alí da clases na escola de nenos, e ademais ao plantel de Extensión Agraria pola tarde, un grupo de xoves que xuntara o cura de Ordoeste, D. Francisco Graña e o axente de Extensión Agraria de Negreira, Antonio Campos. Con eles fíxose un traballo comunitario (Tarefa agraria –unha cooperativa de coellos-) coa que gañaron o premio nacional de Tarefas Agrarias. Tamén aquí, con outros/as compañeiros/as, empeza unhas competicións deportivas escolares que se foron desenvolvendo varios anos coa axuda dos concellos e da Deputación Provincial que abarcaban os concellos de Negreira, A Baña, Mazaricos, Zas, Santa Comba, Val do Dubra, Cabana de Bergantiños e Ponteceso. Cos nenos/as fan actividades de teatro, baile e deporte en colaboración coa directiva do Teleclube parroquial que nese momento dinamiza moito a parroquia.
A mediados dos 70 gaña xogando co equipo da parroquia o torneo “Liga da Amistad”, organizado polo Negreira para descubrir novos xogadores. Nos anos 1975 e 1976 participa como monitor nos Campamentos do Val de Barcala, xestionados por Cáritas (os curas), movemento que foi o orixe da creación de Feiraco.
No ano 1978 en abril intégranse as escolas no C. comarcal de San Vicente en A Baña e tamén a escola de Ordoeste.
Cando se convocan as primeiras eleccións democráticas formaba parte da Asociación Veciñal de A Baña e preparan unha lista Independente representando ás Asociacións. É elixido cabeza de lista e resultan a lista máis votada con 6 concelleiros, UCD con 5 e PSOE con 2.

A CHEGADA Á ALCALDÍA DA BAÑA
Sae elixido alcalde pola lista máis votada o 3 de abril de 1979. Ata 1990 exerce o labor de mestre no colexio e atende a alcaldía, e de setembro de 1990 a setembro de 1995 con dedicación exclusiva ao concello. Gaña as tres lexislaturas seguintes con maioría absoluta, e perde no 1995.
No ano 1980 nace o seu terceiro fillo Miguel e no 1985, Diego, o benxamín da familia.
Neste tempo, desde 1979 colabora na fundación e adestra ao equipo de fútbol S. D. A Baña, dirixe a construción do novo campo de fútbol e desde 1983 crea equipos de base desde infantís, cadetes e xuvenís coa colaboración de xogadores do equipo afeccionado. Sobre 1985 pasa a dirixir tamén os Campamentos do Val de Barcala, dos que non estaba desligado xa que os concellos aportaban una axuda importante e visitaban aos acampados con frecuencia. Colaborou e xogou nun equipo de balonmán de corta duración e adestrou a outro equipo Cadete de Balonmán un ano. Durante os anos de profesor sempre fixo cursos de diferentes deportes, xa que levaba toda a actividade deportiva do colexio coa colaboración dalgúns profesores/as. Ademais, nunca deixou de facer cursos de perfeccionamento educativo, tales como de especialización para impartir Lingua Castelán, Lingua Galega e Lingua Francesa.
No ano 1991 é elixido Deputado Provincial pola Comarca ata 1995, o que redundou e diversas obras para a nosa comarca .

A VOLTA Á DOCENCIA
Ao deixar o concello en setembro de 1995 incorpórase o labor docente no colexio e segue como concelleiro na oposición ata maio de 1999. Como xa tiña praza no colexio de Barouta-Ames desde 1991, en setembro de 1999 comenza o curso na súa praza de mestre. No ano 2000 fai un equipo de infantís en Ames e no 2002 un de afeccionados. Ata o 2006 mantense categorías inferiores, logo ao os nenos pasar a Villestro e Bertamiráns non había posibilidade de xuntar nenos suficientes e só quedaron os afeccionados. Tamén en Barouta ata o 2007, no que se xubila con 37 anos de servizo, organiza o campionato comarcal de campo a través do deporte escolar e participa en fútbol sa benxamín e alevín nestes 7 anos. Co equipo benxamín queda campión comarcal do campionato organizado por Marca no pavillón do Milladoiro.

CONCELLEIRO EN AMES
No 2007, nas eleccións municipais de maio, é elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE e ocúpase das concellarías de Cultura e Deporte ata maio de 2011. Destacar a promoción do teatro, os festivais e actuacións musicais, as axudas as entidades culturais e as comisión de festas, as melloras nas casas de cultura e no Pazo da Peregrina, a celebración da Festa da Lingua da Deputación Provincial en Bertamiráns, a primeira fóra da cidade da Coruña, o premio ao mellor concello na promoción da nosa lingua…

En deporte destacar a terminación da instalación de herba artificial e a construción de novos vestiarios no campo municipal de Bertamiráns, construción da 1ª fase do campo municipal do Milladoiro, convenios co Bertamiráns CF e Milladoiro SD, para a promoción dos deportes de base e absorción, en parte, das escolas deportivas de base (fútbol sa, fútbol campo, voleibol, …), axudas as entidades deportivas, organización do partido de exhibición entre a selección española feminina e a selección de no pavillón de Bertamiráns.

UNHA NOVA ETAPA
Permanece en repouso, aínda que colaborando, cando llo demandan, co Grupo Municipal; pero sobre todo dedicado á familia e á horta.
En setembro do 2012 é elixido Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en Ames e desde ese momento colabora de maneira directa co Grupo Municipal, e coa Executiva Local está a preparar a marcha do Partido cara unha nova etapa de apertura e colaboración coas entidades e os veciños/as do noso concello.

Contacta por mail con Paco Villaverde

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *