O PP impide un acordo parlamentario para mellorar o estado ecolóxico do río Sar

O Grupo Parlamentario Socialista reclamaba a inmediata posta en marcha da nova Edar de Santiago e a ampliación da Edar de Bertamiráns

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de impedir un acordo parlamentario en base a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para mellorar o estado ecolóxico do río Sar e a depuración das augas residuais que verten nel. Así o dixo no debate desta proposta na Comisión de Medio Ambiente, que foi rexeitada polo voto en contra do PP.

Vilán reclamaba un convenio de colaboración entre Estado, Xunta e Concello de Santiago para garantir a “inmediata posta en marcha” da nova Edar da capital galega. Sinalou a urxencia para poñer en marcha a “coordinación da Xunta cos gobernos central e local para resolver a situación da depuradora de Santiago de Compostela porque se están a poñer en perigo fondos comunitarios e a saúde da Rúa de Arousa e do Río Sar.

Tamén reivindicou a posta en marcha da ampliación da Edar de Bertamiráns, no Concello de Ames, antes de que remate o exercicio 2021. Lembra que a infraestrutura está orzamentada dende 2015, pero a Xunta négase a executala e nin sequera quere recibir ao alcalde para dar conta dos motivos desta paralización.

A responsable socialista deu a luz de alarma diante do Estado “deficiente” do Río Sar, tal e como constatou o Plan Hidrolóxico Galicia – Costa, ao paso do mesmo polos concellos de Santiago, Ames, Brión, Rois, Padrón, Dodro e Pontecesures, e poñendo en perigo a Ría de Arousa, onde desemboca.

Ademais, a finais de 2014 a Comisión Europea anunciaba da denuncia diante do Tribunal de Xustiza da UE pola falla de garantía do bo tratamento das augas residuais urbanas, e mesmo a Comisión Europea solicitaba a imposición dunha sanción económica pola deficiente depuración das augas tamén en Santiago de Compostela.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *