Paco Villaverde

Contestan ás manifestacións realizadas polo concelleiro do Grupo de Non Adscritos nas que atacaba aos socialistas de Ames

Invitan a que Argibay amose as probas que tén da existencia dun pacto entre o PP e o PSdeG de Ames

Os Socialistas de Ames queremos realizar unhas matizacións e comentarios a raíz das recentes declaracións feitas polo concelleiro Ramón Argibay, antiguo portavoz do Partido Popular de Ames e agora membro do Grupo de Non Adscritos. Os Socialistas cualifican como incongruentes e falsas as declaracións de Argibay cando afirma da existencia dun pacto entre o PP e o PSdeG–PSOE, posto que carece de probas que sosteñan tal afirmación e unha persoa coma el, que pretende defender a súa honradez política, non pode buscar argumentos tan burdos; porque se é así que diga cando, onde, como e en que condicións pechamos os socialistas e os populares algún pacto. Está visto e demostrado que é moi difícil mudar certos comportamentos, e Argibay segue empregando os mesmos métodos e maniobras políticas que usaba cando estaba no PP de Ames: as mentiras e as descalificacións persoais; pero afortunadamente xa todos os e as amienses o coñecen.

MOCIÓN DE CENSURA
Lembramos que o primeiro que empezou a falar de moción de censura foi o propio Argibay, dicindo que eles nunca facilitarían unha moción de censura. Está claro que agora mesmo a moción de censura en Ames é algo imposible legalmente, posto que o Grupo de Non Adscritos está formado por dez membros, e serían considerados tránsfugas no momento de asinar unha moción. Seguramente ao líder dos antigos concelleiros/as populares lle gustaría poder vengarse do alcalde e castigalo apartándoo da alcaldía, pero non pode ser polo que antes explicábamos e porque ademais os socialistas somos un partido serio e responsable que sabemos cumprir coas nosas obrigas como concelleiros e membros da corporación municipal. E non todos poden dicr o mesmo.

Ademais, se agora tanto lle preociupa a Argibay a gobernabilidade do concello porque razón rompíu cos seus compañeiros e compañeiras de goberno? El provocou que se chegase a esta situación.

LECCIÓNS DE ÉTICA
Está claro que en política calquera pode intentar dar leccións de ética e saír nos medios dicindo o que e como hai que facer as cousas, e o señor Argibay demostrou estes días que o seu descaro pode ser ilimitado, pero que non esqueza que todos temos pasado político, e o seu é unha lousa moi grande que sempre lembrará que por desafiar e intimidar ao alcalde incumplíu as súas obrigas como concelleiro no pleno do POS no que se aprobaba unha importante inversión para o concello e quixo castigar coa súa neglixencia a todo o pobo de Ames.

Tampouco se pode esquecer Ramón Argibay que durante moitos meses estivo engañando aos veciños e veciñas do concello consentindo e compartindo un “matrimonio de intereses” co alcalde Santiago Amor cando agora resulta, segundo conta el, que a situación de convivencia xa era complicada e difícil e el, xunto cos outros cinco edís díscolos, foi o que tomou a decisión de acudir a un divorcio que está resultando traumático para todos e todas as amienses, situación da que el é culpable e responsable máximo.

Por eso razón consideramos que o concelleiro e exmembro do goberno de Ames está descualificado para darlle a ninguén leccións de ética, porque antes debería de aplicalas a el mesmo.

FRANCISCO VILLAVERDE
Está claro que a Argibay cegouno a furia e a bisoñez á hora de facer esas desafortunadas declaracións nas que descalificaba ao Secretario Xeral dos Socialistas de Ames, posto que de non ser por esta razón non entendemos como pode atacar a unha persoa durante a súa traxectoria política foi alcalde durante catro lexislaturas (elexido e votado democraticamente polo pobo) e cumplíu escrupulosamente cos veciños e veciñas de Ames durante a lexislatura pasada ao fronte da área que lle foi asignada.

A precipitación e a ambición política non son boas compañeiros de viaxe á hora de exercer un cargo público e parece que o concelleiro Argibay xa cavou a súa propia caída política nun breve espacio de tempo, e cando queira invitámolo a compara as traxectorias políticas de ambos (Francisco Villaverde e Ramón Argibay).