O PSdeG pídelle ao Goberno de Ames que destine os 390 mil euros do Plan de Aforro provincial (PAI) a amortizar a débeda municipal

Os Socialistas consideran que a situación económica do concello o sentido común e a responsabilidade lévanos a solicitarlle ao goberno que dirixe Santiago Amor que destine a totalidade da cantidade outorgada para amortizar a débeda.

Miñones di que “actualmente a situación do concello de Ames é moi preocupante, xa que a débeda incrementouse durante esta lexislatura en máis dun 54,91% cun total de 6,659M€, e é necesario actuar de maneira inmediata”.

Ante a a aprobación do recente “Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2015” por parte da Deputación da Coruña, segundo o cal vai destinar 25 millóns de euros no exercicio 2015 aos concellos e cuxa finalidade é a da concesión de préstamos sen xuros para facer efectiva a devolución a partires do ano 2017, xa que ten dous anos de carencia.

O importe deste préstamo debe destinarse á redución do endebedamento municipal ou á “realización de investimentos financeiramente sostibles” –tal e como cita textualmente na orde-, pero, sempre en función do nivel de endebedamento do concello.

Ao concello de Ames correspóndenlle, segundo este Plan provincial, máis de 390 mil euros dos cales pode destinar unha cantidade, aínda sen determinar, xa que deberán de ser os servizos económicos municipais os que calculen a porcentaxe mínima que se pode destinar a cada un dos apartados fixados, sempre en función da porcentaxe de débeda.

Os Socialistas de Ames consideran que dada a situación económica do concello que o sentido común e a responsabilidade lévanos a solicitarlle ao goberno que dirixe Santiago Amor que destinen a totalidade da cantidade otorgada para amortizar débeda. Explica o portavoz do Grupo Socialista, José Miñones, que “actualmente a situación do concello de Ames é moi preocupante, xa que a débeda incrementouse nun 54,91% durante esta lexislatura, cun total de 6,659M€, e é necesario actuar de maneira inmediata”.

Datos económicos absolutamente desastrosos e alarmantes
Para o PSdeG os datos económicos son absolutamente desastrosos e alarmantes de cara o futuro, xa que a xestión desenvolvida polo Partido Popular nestes case catro anos só son negativos, a pesares de que intenten maquillalos cada ano coa Conta Xeral; por exemplo, a débeda por habitante aumentou nun 36.93% e o investimento por cada veciño ou veciña do municipio diminuíu nun 53.72%. A iso hai que engadir que Ames é un dos concellos da provincia de A Coruña –o sétimo- que máis tarda en pagarlle aos provedores, ao tardar 55,8 días. Lembra o portavoz do PSdeG que “non debemos de esquecer que este goberno meteunos nun crédito de 1,52 millóns de euros dos cales aínda non amortizou nin un euro, e dos que pagaremos 600 mil euros de intereses”, continúa Miñones dicindo que “sto desemboca nun plan de axuste terrible para os intereses municipais, xa que coarta calquera acción de futuro que o concello queira desenvolver, así como limitar as contratacións de persoal e incluso poder cubrir baixas ou xubilacións”, por iso, continúa insistindo na necesidade de dedicar a totalidade da cantidade do Plan provincial a “reducir a débeda e darlle un pouco de aire á contaminada situación económica porque non é máis ca un lastre do que o único responsable na actualidade é o alcalde e o goberno do PP”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *