Estas xornadas contarán coa presenza de destacados líderes socialistas de diversas épocas entre os que destacan Emilio Pérez Touriño, José Blanco, salvador Fernández Moreda, Dolores Villarino, Antolín Sánchez Presedo ou Antón Louro.

Francisco Villaverde di que estas xornadas perseguen unha “maior participación e implicación da militancia e achegar máis o Partido á sociedade”

A executiva dos socialistas de Ames organiza unhas xornadas de formación e debate sobre a Historia do Partido Socialista en Galicia. Estas xornadas que se desenvolveran en varios días ao longo dos meses de febreiro e marzo contarán coa presenza de destacados líderes do PSdeG ao longo da historia do Partido Socialista en Galicia.

“Con estas xornadas pretendemos achegar á militancia e a todo aquel que desexe asistir como foi a historia do PSOE en Galicia”, explica Francisco Villaverde, Secretario Xeral dos Socialistas de Ames. Estas xornadas que serán abertas a todo o mundo e se celebrarán no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, contarán coa presenza de persoeiros socialistas como Emilio Pérez Touriño, José Blanco, Salvador Fernández Moreda, Dolores Villarino, Antolín Sánchez Presedo ou Antón Louro, entre outros compañeiros e compañeiras. Esta é unha “actividade ambiciosa coa que pretendemos empezar a darlle máis vida organiza á Agrupación de Ames”, di Francisco Villaverde, ademais porque consideramos que “as asembleas e os militantes están para algo máis que para facer campañas e pegar carteis” por iso pretendemos con esta actividade e outras que temos en proxecto “maior participación e implicación da militancia e achegar máis o Partido á sociedade”, recalca o Secretario Xeral.

Estas xornadas divídense en catro etapas, nas que por boca de protagonistas directos irase debullando e contando o desenvolvemento do Partido Socialistas. As xornadas empezarán o vindeiro 1 de febreiro onde se falará do período que abrangue dos anos 1977 ao 1982, e que leva por título “o nacemento do Partido en Galicia”, na que participarán Salvador Fernández Moreda, José Luis Rodríguez Pardo e Modesto Pose. As seguintes xornadas analizarán os períodos do 1982 ao 1998 (“A consolidación do Partido”) e do 1998 ao 2009 (“Construíndo a forza de Galicia”), rematando este ciclo de actividades co encontro “O papel das mulleres no Socialismo Galego”, na que se analizará como foi a participación feminina no desenvolvemento do Partido e os atrancos e dificultades coas que se atoparon. (Achegamos díptico das xornadas)

NOVO PERIODO
Os socialistas de Ames neste novo período que afrontamos marcámonos como un dos obxectivos darlle vida á Agrupación e poñer en valor o traballo que realizamos diariamente tanto a través do Grupo Municipal como da propia Executiva Local, porque temos claro que a política, tan denostada nos últimos tempos, é necesario que estea do lado dos cidadáns e “queremos converternos nunha organización aberta na que os amienses participen da nosa labor e poidan referenciarnos como unha ferramenta útil para poder superar os problemas e as dificultades coas que se poidan atopar”, manifesta Villaverde. Por eso, estas non son as únicas actividades que imos a levar a cabo os socialistas de Ames, xa que traballamos con moitos e variados proxectos que esperamos que conten co apoio e a implicación dos veciños e as veciñas de Ames.