Os socialistas de Ames amósanse preocupados pola finalización do contrato coa empresa de lacería

O Grupo Socialista presentou un escrito no concello solicita información relacionada co Servizo de recolleita de animais abandonados

O Grupo Socialista de Ames presentou un escrito no rexistro do Concello no que solicita información relacionada co Servizo de recolleita de animais abandonados, posto que, e baseándose na información que obra no seu poder e que foi facilitada no seu día polo propio equipo de goberno, pensan que está a rematar o contrato coa empresa Servigal que é a responsable do servizo de lacería.

Por tal motivo para os Socialistas de Ames son varias as dúbidas que xorden, sobre todo “acostumados como estamos á pasividade e desleixo que amosa o goberno amiense” –di o portavoz municipal, José Miñones; posto que, descoñecemos como se xestionará o servizo unha vez que remate o contrato coa empresa e dado que o goberno non fixo ningunha previsión -ou polo menos non informou á oposición- de como se vai a desenvolver esta asistencia.

A copia do contrato, así como a data exacta de finalización, o que se vai facer unha vez remate a data do contrato, etc. son algunhas das preguntas que realizan os socialistas no seu escrito, posto que “é importante coñecer o que poder ocorrer cos animais de compañía extraviados ou abandonados cando caduque a adxudicación a Servigal”, apunta Miñones. E dado que a aprobación do anterior contrato foi aprobado por decreto de Alcaldía, “é importante que volvamos a ter coñecemento dun novo contrato ou dunha nova adxudicación de maneira clara e transparente” manifesta Miñones.

Por outra banda, solicitan ademais unha Memoria anual por parte da empresa Servigal de todo o relacionado co traballo levado a cabo no Concello de Ames: custe total, custe total anual do servicio, número de animais recollidos, número de animais entregados aos seus donos, número de animais adoptados, número de animais sacrificados, etc. para poder realizar unha avaliación do servizo prestado e sacar as conclusións necesarias para poder apoiar a súa continuidade, así como coñecer se cumpriu con todos os requisitos que se lle esixiron no contrato e aprobados polo Pleno.

Tamén se amosan preocupados os membros do Partido Socialista porque un novo contrato poida supoñer un custe mais elevado para as arcas municipais, por ISO critican a este goberno por esgotar ata o último dia o contrato sen buscar outras alternativas negociadas como intentar conveniar este servizo con outros concellos limítrofes para poder abaratar a contía económica do servizo, e para o seu portavoz, “esta é a tónica habitual do goberno que preside Santiago Amor, deixar todo para o último dia e non buscar alternativas por falla de dedicación ao concello”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *