Os Socialistas de Ames resaltan o gran compromiso do Goberno municipal, que preside José Miñones, cos veciños e veciñas do rural

Francisco Villaverde, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ames, afirma que a verdadeira realidade económica do concello “é a mellor dos últimos anos gracias á xestión do novo goberno”.

Para o grupo Socialista as declaracións desafortunadas da vella dereita tan só amosan o bo traballo que se está a facer dende o Goberno de Ames e evidencian que o camiño emprendido polo novo Goberno é o correcto, na procura de activar novamente un Concello que quedara paralizado.

Un novo exemplo é o recen aprobado POS+2017, onde O Milladoiro recibirá preto de un millón de euros en investimentos por parte do Goberno coa mellora e humanización deste importante núcleo urbano en Ames.

Ante a recente campaña de desinformación que algúns grupos están levando a cabo entre os veciños e veciñas, os socialistas de Ames vense na obriga de, unha vez máis, amosar a verdade para aclarar certas informacións falsas. Francisco Villaverde insta “a que se fale da verdadeira situación económica de Ames”.

Dende o cambio do último Goberno o tripartito actualizou a RTP despois de 10 anos, desbloqueou o arranxo do cemiterio que xa é unha realidade, acadou o inicio de construción do Centro de Saúde de Milladoiro, licitou o servizo da agua e un largo etcétera. Chegouse a unha situación de traballo despois da parálise na que estivo vivindo Ames dende 2011 ata o 2015, atopándonos agora cunha estabilidade que non se tivo na etapa anterior. Na actualidade o POS+2017 permite adicar fondos ao gasto corrente para reinvestir os cartos liberados nas partidas municipais, nos conceptos que o goberno estime oportuno. Así, o tripartito anunciou no pasado pleno que vai destinar os preto de 500.000€ que se liberan do gasto corrente en obras con nome e apelidos, e que deixarán no rural de Ames un investimento de preto de 280.000 euros con obras en Oca, Miso, Biduido, Barouta e Ortoño. Ademais, a partida do POS+ incrementa 90.000 euros para obras en Caroubáns e Outeiro, ascendendo o investimento no rural ata os 371.000 euros, o que supón o 24% do plan de obras do presente ano.

Acordo federación
A maiores do investimento do POS+ deste ano o goberno de Jose Miñones asinou un compromiso co rural co acordo alcanzado recentemente con varias Asociacións de veciños de Ames para o reinvestimento do cobrado pola regularización catastral e que afectou especialmente ao rural. O Alcalde de Ames, Jose Miñones, asinou un compromiso de investimento para este ano por 282.000€ a maiores dos investimentos anteriores. O acordo trasladado á Federación de Asociacións do rural é, para os Socialistas, unha clara mostra desa outra forma de facer política, reinvestir no rural os cartos recadados por unha medida estatal, fronte ao recargo impositivo da taxa do lixo ao rural que fixo o goberno da dereita en Ames.

A Federación de asociacións está composta por numerosas Asociacións de veciños de diferentes Parroquias de Ames que levan traballando polos seu veciños moito tempo. Para os Socialistas estas asociacións merecen todo o respeto do mundo polo esforzo que realizan cada día e representan a un número moi elevado de veciños ao estar formada polas asociacións das parroquias mais numersoas do Concello, ademais das que manteñen a maior actividade. O acordo alcanzado é unha nova forma de facer política, que amosa a capacidade de diálogo deste goberno fronte a situacións de confrontamento do pasado.

Traxectoria de investimentos 2016-17
Os Socialistas queremos amosar as cantidades investidas nos 20 meses pola concellería que xestiona o Socialista Blas García. Recollendo os datos dos diferentes plans de obras o rural amesán tivo un investimento de preto de dous millóns de euros, converténdose no máis beneficiado, amosando así un novo cumprimento dos asumidos na campaña electoral polo PSdeG-PSOE.

No caso de Milladoiro, neste 2017, este núcleo urbano recibirá preto de un millón de euros de investimentos en obras como a urbanización da Travesía do Porto, a instalación de alumeado LED para o aforro enerxético en todo o núcleo ou a accesibilidade de Agro do Medio entre outras.

Para os Socialistas a incongruencia dos grupos da dereita é absoluta, criticando o investimento no núcleo de Milladoiro e en obras que mesmo eles levaban no seu programa electoral, como é o caso da eficiencia enerxética ou o arranxo de pistas deportivas no rural. Os Socialistas remarcan que o investimento no núcleo principal en poboación de Ames será de preto de 1.600.000 euros entre o ano pasado e este. Isto é froito da falta de inversións que sufriu este núcleo co goberno anterior no que tan só invertiron o 10,4% dos plans de obras, fronte ao 42,7% que leva comprometido o actual goberno.

Datos económicos
Por si fora pouco, os datos económicos na actualidade amosan o bo funcionamento e a excelente xestión que se está a levar a cabo en Ames. A débeda total que mantén este concello segue á baixa e na actualidade alcanza o seu valor máis
baixo, os 3.430.000 de euros fronte aos 5.446.000 euros de 2012, cando PactoxAmes formaba parte dese Goberno. O Período medio de pagos alcanza tamén o seu valor mais baixo e na actualidade sitúase nos 14,77 días, moi por debaixo do cumprimento da lei, que marca os 30 días e lonxe dos case 87 días existentes áchegada ao goberno do actual grupo. Engaden os Socialistas que o goberno actual cumpriu coa redución do IBI minorando así tamén a carga impositiva sobre os veciños de Ames, supoñendo unha redución de ingresos de 600.000€ das arcas municipais.

Os datos presentados distan moito das críticas amosadas por aqueles que non foron quen de gobernar Ames e obsérvase o bo estado de saúde que teñen as contas municipais e o grado de compromiso que ten o actual Goberno, liderado por José Miñones, con maior investimento, menor débeda e reducindo a carga impositiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *