Presentaron unha Proposición non de Lei (PNL) e unha Pregunta parlamentaria nas que piden explicacións polo atraso nas obras e solicitan garantías para que no vindeiro curso se abra o centro infantil

O Grupo do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, a instancias dos Socialistas de Ames, vén de presentar na cámara autonómica unha Proposición non de Lei (PNL) e unha Pregunta sobre a data de apertura e posta en funcionamento da Escola Infantil de Bertamiráns. Queren saber os e as socialistas, a través dunha serie de preguntas presentadas na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, cales son os motivos que levaron ao retraso na construción do centro educativo amesán e cal é o prazo de finalización das obras e as datas nas que se vai a abrir a matrícula.

Lembran os socialistas de Ames que a finais do mes de marzo remata a prórroga do convenio que asinou o convenio co consorcio, e que xa foi prorrogado porque o primeiro finalizara no remate do ano 2014.

Explican os Socialistas que ante a alta demanda de prazas existentes no concello de Ames e a preocupación trasladada por varias nais e pais que acudiron ao Consorcio Galego de Benestar para informarse de como acceder ás prazas desta escola e obtiveron por resposta que non existía a previsión de abrir esta instalación no vindeiro curso, o que contrasta coas manifestacións realizadas polo goberno municipal durante o pleno da corporación, ou a propia conselleira de Traballo e Benestar nunha visita ás obras, onde dixo que o centro estaría aberto para o vindeiro curso; polo que desde o PSdeG piden a garantía e o compromiso do Goberno galego de “abrir a nova escola infantil de Ames para o vindeiro curso, habilitando para elo, se fose necesario, un período extraordinario de matrícula”, tal e como consta na PNL presentada.

Pregunta presentada no Parlamento de Galicia
Proposición non de lei presentada no Parlamento de Galicia