Os Socialistas de Ames estamos desexando contar coa túa colaboración. Estamos intentando construír un novo proxecto para o noso concello, un proxecto máis moderno e dirixido aos veciños e veciñas de Ames, porque queremos que as persoas sexan as protagonistas.

Para iso necesitamos a colaboración de todos os homes e as mulleres que estean interesados en implicarse e participar na creación e o desenvolvemento deste proxecto progresista.

Podes participar de varias maneiras, en función do teu tempo, dispoñibilidade e grado de implicación que desexes ter:

  • Afiliándote ao PSdeG-PSOE de Ames.
  • Recibindo e difundindo información dos Socialistas de Ames.
  • Denunciando e informándonos dos problemas de Ames.
  • Aportándonos ideas e propostas para o proxecto.