Como afiliado/a

Afiliados/as

Se es unha persoa progresista, preocupada por mellorar a nosa sociedade, por facela máis xusta e solidaria, por estender os valores da tolerancia e solidariedade, o PSdeG-PSOE é o teu partido.

Se queres participar no proxecto dos Socialista de Ames. Se queres axudar a mellorar este concello. Se queres achegar o teu gran de area para conseguir que Ames non quede estancado e sexa un concello punteiro que conte coas infraestruturas e os servizos que os veciños e veciñas necesitan, podes facelo dende o compromiso político como militante ou a colaboración como simpatizante, xa sexa nun ámbito sectorial ou de especialización profesional, afiliándote ao PSdeG-PSOE.

Militante
Cidadán/a maior de idade disposto a colaborar no proxecto político do Partido Socialista participando na vida interna da Agrupación Local. Participa de forma activa en debates, en asembleas e na toma de decisións. O militante aboará unha cota mensual.

Simpatizante
Cidadán/a maior de idade que se identifica co proxecto socialista, que non adquire o grao de afiliado/a, en canto a obrigas, pero si se compromete a colaborar, de forma voluntaria, co seu traballo e coas súas ideas no programa do Partido Socialista.

Como podes afiliarte?

Por internet, a través da seguinte páxina https://aphilia.psoe.es/
Na sede dos Socialistas de Ames (Rúa Agrelo, nº 10, oficina 13 – Bertamiráns)
Por mail, remitíndonos a Ficha de afiliacion debidamente cumprtimentada á dirección da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Ames

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *