Cualificou a Mariano Rajoy e ao Partido Popular como un fraude electoral porque enganou á cidadanía cunhas promesas que non cumpriu

Os Socialistas de Ames celebraron este venres unha nova xornada na que debateron sobre o presente e o futuro do PSOE. Pedro Sánchez Castejón, deputado no Congreso, foi a persoa encargada de analizar a política española da actualidade e falar de propostas e alternativas para mellorar a situación política a través da charla que levaba por título “Ideas e valores para un novo PSOE das persoas”.

O Secretario Xeral, Francisco Villaverde, encargouse de presentar o acto e de agradecer a presenza aos asistentes a súa presenza. Ademais dixo “sentirse orgulloso destas charlas que levamos facendo en Ames porque serven para manternos vivos e próximos aos veciños e as veciñas”. Tamén interveu o portavoz municipal, José Miñones, que presentou a Pedro Sánchez do que valorou o esforzo que está facendo e cualificou como unha figura emerxente dun novo socialismo. Miñones, antes de darlle paso ao invitado valorou de maneira positiva as primarias que afrontaremos tanto a nivel municipal como estatal para a elección de candidatos, algo que fai que sexamos máis abertos e fomentemos a participación.

“Rajoy es un fraude y lo demuestra cada día”
Durante a súa intervención Pedro Sánchez dixo que na actualidade nos goberna o “partido do fraude” por que enganou aos cidadáns ao dicir que baixaría os impostos e o que fixo foi subilos; dixo que non recortaría na sanidade ou na educación, e despois rematou facendo recortes. “Rajoy es un fraude y lo demuestra cada día que pasa, y como el partido que preside defraudó sobre sus fuentes de financiación”, rematou manifestando.

Eleccións europeas
Outro dos asuntos que abordou foron as eleccións europeas e falou da importancia de participar e votar nestes comicios, xa que cada Europa fixa a maiorías das políticas que nos afectan diariamente. Dixo que a dereita europea e española deben de rendir contas polo austericidio ao que están sometendo aos cidadáns e as cidadás. E afirmou con rotundidade que “votar al PSOE es votar a favor del trabajo con derechos y en contra de la reforma laboral del PP, que cambia contratos fijos por contratos por horas. El PP quiere la salida a la crisis por la desigualdad, precarizando las relaciones laborales, empobreciendo a las clases trabajoras, recortando derechos y salarios.”

O PSOE ten que volver a ser o partido do cambio
Sobre o Partido Socialista dixo que no PSOE estamos chamados a liderar a rexeneración política, institucional e económica que nos esixen os españois. Fixo, ademais, un chamamento a romper coa decadencia institucional e recuperar a democracia que os mercados nos roubaron.

“El PSOE debe volver a ser el partido del cambio”, dixo o deputado madrileño, e para iso é necesaria a “ejemplaridad, el coraje, la empatía, cumplir con nuestra palabra, dedicación y diálogo, construir un proyecto político autónomo. Todo ello nos permitirá recuperar la credibilidad perdida”. E concluíu dicindo que é tempo de políticos e de políticas con coraje, “y en el PSOE si algo tenemos es eso: coraje”

Sobre preguntas dos asistentes á posibilidade de ser candidato ás primarias do PSOE para elixir candidato ao goberno do Estado dixo que agora non era o momento de falar diso porque estamos nun momento importante e decisivo como son as eleccións europeas, pero si se atopa con forzas, ideas, propostas e a coraxe necesaria para cambiar o PSOE.