libros_estudante

As axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar están destinados a alumnado de 2º ciclo de educación Infantil para o curso 2013-2014

A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 18.500 euros e as solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello entre o 15 de setembro e o 15 de outubro de 2013

As axudas están destinadas a financiar os gastos efectuados desde o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2013 en libros de texto e material escolar polo alumnado integrado en unidades familiares empadroadas no Concello de Ames, sempre que os alumnos/as estean matriculados durante o curso 2013-2014 nalgún curso de educación infantil (2º ciclo), nun centro sostido con fondos públicos.

As axudas teñen uns límites económicos por alumno que se establecen nas bases da convocatoria. Deste xeito, as unidades familiares cunha renda per cápita de menos do 50% do IPREM recibirán un importe máximo de axuda de 120 euros; as que conten cunha renda per cápita do 50% ata o 75% do IPREM, recibirán 100 euros, e para as unidades familiares con renda per cápita do 75% ao 100% do IPREM a axuda será de 80 euros.

Esta convocatoria está dirixida ás familias empadroadas no Concello de Ames, que teñan menores ao seu cargo e que estean matriculados para o curso escolar 2013-2014 nos centros de ensino público no nivel de educación infantil (2ª etapa, de 3 a 5 anos). Seguindo a liña xa iniciada na anterior edición, a convocatoria volve ter como destinatarios aos alumnos e alumnas de educación infantil (2º ciclo), por ser este colectivo o único non incluído na orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Como unha das principais novidades, amplíase o período subvencionable, que comeza o 1 de xullo e remata o 31 de decembro.

As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello entre o 15 de setembro ao 15 de outubro de 2013. O prazo de xustificación da subvención finalizará o 31 de decembro de 2013.

Descargar as Bases da convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto