Un dos nosos obxectivos máis importantes é manter informada aos veciños e veciñas de Ames das iniciativas que como Partido impulsamos. Ademais de que visites periodicamente esta páxina web, ofrecémosche varios servizos automáticos que te manterán informado das nosas propostas e nosas actividades; para iso simplemente tes que dispoñer dunha conta de correo electrónico e/ou un teléfono móbil; ou simplemente ter conexión a Internet para baixar a información.
A través do servizo de canles RSS podes incluír na túa páxina web, blog ou lector de noticias, os últimos titulares de noticias e notas de prensa que aparecen en Socialistasdeames.org. Trátase dun servizo completamente gratuíto.