Pleno Concello Ames

Este marco prevé a suba de impostos e taxas municipais e a disminución en gasto social

Días atrás revisando os decretos da Alcaldía que ían a ir ao pleno ordinario atopámonos coa sorpresa de que o pasado 1 de outubro o alcalde asinou o decreto 2538/2013, que procede á aprobación do marco presupostario para periodo que abarca desde o ano 2014 ao 2016. Aínda que no PSdeG somos coñecederos da necesidade de realizar este tipo de documentación presupostaria, posto que así o regula a lexislación actual (Ley orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade presupostaria e sostenibilidade), que lle impón a todas as administracións públicas a obrigatoriedade de elaborar os presupostos e xestionar os seus gastos e ingresos dentro dun marco plurianual, co obxectivo de non superar os límites legais de débeda e manter a estabilidade presupostaria.

Incluso, ata compartimos a necesidade de que se realicen este tipo de marcos de control onde se estabrezan as proxeccións das principais partidas de gastos e ingresos, xa que de este modo se debuxan as liñas de traballo do concello e se marca a senda da estabilidade económica durante un ciclo temporal.

Máis suba de impostos
Pero o marco presupostario asinado polo alcalde, Santiago Amor, e todo un documento de intencións do que pretende que sexa o seu goberno durante os anos que lle quedan por diante (2014 e parte do 2015) xa que no mesmo se apreciada claramente como pretende seguir depositando o peso dos ingresos municipais nos veciños e veciñas de Ames, sen preocuparlle o máis mínimo cal pode ser a súa situación económica ou a crise que poidan estar a vivir neses intres. Pódese apreciar como os ingresos por impostos e taxas continúan a subir, co cal non baraxa en ningún intre poder conxelar ou ata reducir algún deses impostos, ao que os Socialistas de Ames non opoñemos frontalmente, tal e como xa manifestamos durante estes días, porque non se pode seguir acosando económicamente ás familias, que xa teñen que sufrir bastante coa suba indiscriminada de outros recibos máis comúns como a electricidade, o combustible, os copagos, e demais impostos que o Partido Popular está a cargar ás costas dos cidadáns e as cidadás.

Menos investimento en gasto social
O alcalde Amor amosa un total desinterese e despreocupación polos seus veciños e veciñas, e demostra que non lle preocupan nin o máis mínimo. Outra proba desa despreocupación é a reducción no gasto social; é dicir, aquel que se inviste directamente para os servizos básicos das persoas. Esto só pon de manifesto que ao Partido Popular de Ames só lle interesa recaudar para sobrevivir, pero sin apostar polo benestar dos amienses, e especialmente daqueles que máis o necesitan.

Nula aposta polo desenvolvemento industrial
Outro claro exemplo da deixadez e a despreocupación que foi e é o emblema deste goberno, é o cadro onde reflexa o Imposto de Actividades Económicas (IAE); porque este imposto debería de estabrecer a xestión política do goberno por apostar pola creación de empresas e/ou a ubicación de outras no termo municipal amiense, pero desgraciadamente non é así porque o IAE mantense constante, ou o que é o mesmo, non pensan realizar nngún tipo de xestión encamiñada ao progreso e oi desenvolvemento de Ames, como pode ser a creación de máis solo industrial, tan necesario para poder continuar medrando. Non cabe dúbida que este goberno está durmindo desde fai tempo e continuará neste estado no que lle queda de mandato, porque se tiveran ansia e ambición traballarían para aproveitar a estratéxica situación de Ames para que houbese empresarios e emprendedores que apostasen polo noso municipio.

Tamén nos resulta chocante e preocupante a reducción en máis dun 90 por cento as transferencias correntes para o ano 2014. Cales son as razóns polas que deixamos de percibir doutras administracións unha cantidade económica tan importante? É algo que o alcalde nos debería de explicar e informar.

Os Socialistas de Ames ao ver o resultado deste documento presupostario preguntámonos se son tan necesarias estas medidas que se van a adoptar se realmente o noso concello está dentro dos límites legais

Un documento realizado sen falar coa oposición
En liñas xerais é iso o máis destacable que atopamos neste marco presupostario aprobado por decreto polo alcalde de Ames, e polo tanto de maneira unilateral e en solitario; sen ter a deferencia de falar previamente coa oposición e informarnos da realización deste documento.

A falte de respecto e a prepotencia que amosa diariamente Santiago Amor é insultante para este grupo, e me imaxino que o será na mesma medida para o resto de grupos da oposición, xa que saltándose calquera tipo de deferencia política, e máis sendo coñecedor da súa situación de debilidade ao estar en minoría, decide trazar unha liñas económicas para o concello de Ames e para os próximos tres anos, sabendo ademais que esas liñas abarcarían outra lexislatura na que seguramente el xa non será alcalde, hipotecando políticamente un ano e medio dun futuro goberno. Está claro que o goberno do PP está desnortado e á deriva, pero ademais está actuando de mala fe e dunha maneira que prexudica e afecta ao desenvolvemento do municipio e, polo tanto, dos seus veciños e veciñas.

Non hai dúbida de que Santiago Amor carece dun mínimo de talante democrático e é incapaz de xestionar o concello de Ames, pero o peor é que agora mesmo estase a convertir no peor enemigo para os veciños e veciñas de Ames.