COMUNICADO DE PRENSA

Os Socialistas de Ames ante as manifestacións do concello de Ames nas que mediante nota de prensa di o seguinte: “O Concello de Ames, a través do departamento de Benestar Social, traballa a diario nos posibles casos de desafiuzamentos que se poden dar no termo municipal” queremos puntualizar o seguinte:

1. O mes de decembro de 2012, e a petición do Grupo Municipal dos Socialistas de Ames mediante unha moción, a corporación amiense aprobou unha Comisión de Desafiuzamentos que tiña como cometido o seguinte: a mediación entre as persoas afectadas e as entidades financeiras ou propietarios da vivenda, asi como vixiar a actuación das entidades financeniras e bancarias, así como programar as actuación do concello amiense, unha vez avaliadas todas as posibilidades efectivas de protección das persoas afectadas.

2. Esta Comisión constituíuse o 25 de marzo do ano 2013, tras presentar o Grupo Socialista un escrito no que se lle lembraba ao goberno municipal do PP o acordo plenario e o cumprimento do mesmo.

3. Despois desta celebráronse cinco comisións máis, celebrándose a última o 8 de outubro de 2013, tamén a petición do PSdeG-PSOE.

4. Desde esta última comisión non volvemos a recibir ningún tipo de información do goberno municipal sobre a situación de posibles casos de desafiuzamentos nin actuacións desenvolvidas.

5. O 23 de decembro do 2013 solicitamos, novamente e por rexistro, que se convocara a Comisión a raíz dun caso de desafiuzamento existente no Milladoiro. Con data 9 de xaneiro deste ano recibimos resposta do Goberno no que se nos dicía que: “non se cree necesario convocar esa comisión …”

6. No día de onte, e ante o que está a acontecer volvemos a solicitar por escrito a convocatoria dunha nova Comisión.

7. O Grupo Socialista do PSdeG considera que o Goberno municipal do PP de Ames está a amosar unha actitude de pasotismo e de despreocupación ante a situación que viven varios veciños e veciñas de Ames, polo cal consideramos pouco serio e carente de rigor realizar a afirmación de que traballan a diario para arranxar asuntos de desafiuzamento.

8. Como na maioría dos temas e asuntos de índole municipal o Grupo maioritario da oposición consideramos que estamos a ser ninguneados e menospreciados por un goberno en minoría que carece do máis mínimo respecto institucional.