Logo de coñecer a proposta do Presidente do Goberno de España, para nomearme Delegado do Goberno do Estado en Galicia comunico a miña renuncia como alcalde de Ames para iniciar unha nova etapa que afronto con ganas e ilusión, agradecendo a confianza depositada en mín por parte do xefe do executivo, Pedro Sánchez.

Así mesmo, aproveito o presente para poñer en valor a labor desenvolta por Javier Losada como Delegado do Goberno nos últimos anos, nos que sen dúbida actuou coma un bo representante do Goberno na Comunidade Autónoma Galega.

Non quero deixar pasar a ocasión para agradecer a todas as persoas que me acompañaron nos anos que exercín de alcalde do meu pobo, Ames, aos membros das diferentes Corporacións municipais, así como as persoas coas que compartín Goberno e a totalidade do persoal municipal, xa que, conxuntamente todas e todos fomos quen de traballar polo ben do noso Concello.

Sen dúbida é unha honra para mín ter exercido este cargo e é por iso dou as gracias á veciñanza amesá por trasladarme sempre o seu apoio e comprensión.

Como amesá que son, sempre levarei a Ames na miña cabeza e corazón.

Grazas.